Coincidindo co 25º aniversario da creación da escala de letrados da Xunta de Galicia, a Asociación profesional de letrados da xunta, coa colaboración da AMTEGA, a Dirección Xeral da Asesoría Xurídica, a Secretaria xeral de Política Lingüística e a EGAP como editora, presentará oficialmente, o proximo 25 de novembro, o libro da nova Lei 39/2015 de 2 de outubro de procedemento administrativo común comentada polos letrados da Xunta de Galicia.

O libro que ten como propósito servir de ferramenta práctica para todos os empregados públicos e para os demais operadores xurídicos que no seu día a dia teñen que mergullarse na esfera do dereito administrativo, relevancia práctica que se reforza cos novos retos que se presentan neste eido coa implantación decidida da Administración electrónica para que sexa unha realidade unha administración con papel cero no ano 2018.

O acto será no Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, ás 11.00 horas.