A Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia está integrada no Consello Superior de Avogados e Letrados de Comunidades Autónomas, organización profesional creada, por unha banda, para o fomento e a defensa dos intereses profesionais e corporativos dos funcionarios de carreira dos diferentes Corpos de Letrados dos Gobernos Autonómicos e, por outro, para o estudo e promoción científica de todas as disciplinas do Dereito. Constituido no ano 2013, o Consello conta coa representación da maioría das asociacións existentes en España.

A súa páxina web é accesible a través da seguinte ligazón.